Cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE SSCE0110

DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO

Do 7 de marzo ao 9 de xullo de 2019

Luns a venres de 9:00 a 14:00

En que consiste o curso?

O certificado de profesionalidade SSCE0110 consta de 5 módulos formativos, que en total suman 340 horas de formación

Módulos teóricos

Unha vez finalizados os módulos formativos, os alumnos realizan 40 horas de prácticas profesionais non laborais en centros de traballo

Módulo práctico

Para rematar, impártense os módulos transversais de "Inserción laboral" e de "Formación para a igualdade", cun total de 18 horas

Módulos transversais

Cales son os requisitos de acceso?

O certificado de profesionalidade SSCE0110 (Docencia da formación profesional para o emprego) está regulado no Real Decreto 1697/2011, de 18 de novembro, modificado polo Real Decreto 625/2013, de 2 de agosto. Ao tratarse dun certificado de profesionalidade de nivel 3, os alumnos deberán cumprir con algún dos seguintes requisitos para acceder a esta formación:

  • Estar en posesión do título de Bacharelato.

  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 3 de calquera familia profesional.

  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional (Servizos socioculturais e á comunidade) e área profesional (Formación e educación).

  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.

  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.

  • Ter superadas as competencias clave de nivel 3 (competencia matemática, competencia en lingua castelá e competencia en lingua galega).

Que significa que a formación é subvencionada?

A impartición desta acción formativa foille concedida a Centro de Formación Foris ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301K), estando cofinanciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Por este motivo, a acción formativa está dirixida exclusivamente a persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia con data anterior á súa incorporación ao curso. Non será precisa a inscrición como demandante de emprego no caso de estar inscrito no Ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil. Se durante o desenvolvemento dun curso algunha persoa alumna pasa á situación de ocupada, poderá continuar asistindo á acción formativa sempre que haxa total compatibilidade entre o horario formativo e o laboral.

Ademais, a Consellería de Economía, Emprego e Industria concede directamente axudas para os asistentes a estas accións formativas financiadas pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Estas subvencións están reguladas na Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2018 e 2019 (código de procedemento TR301V). Centro de Formación Foris comprométese a xestionar estas axudas para o seu alumnado.

Rúa Nova 18 bajo; 32004 Ourense, España

  • Facebook - Foris
  • Instagram - Foris
  • Twitter - Foris

© 2019 Centro de Formación Foris, S.L.
Nota legal